Feijóo mostra "preocupación cero" pola detención de Miramontes

O presidente da Xunta desexalle "sorte" como "a calquera galego"

Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior al Consello da Xunta. LAVANDEIRA JR, EFE
photo_camera Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR, EFE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que "non lle preocupa" a detención este martes do expresidente do sindicato Xóvenes Agricultores (XX.AA.) Juan Pérez Miramontes nunha operación policial contra a trata de mulleres en Santiago.

"Preocupación cero", dixo o titular do Goberno galego ao ser preguntado este mércores, na celebración dun cume co presidente de Canarias, sobre se lle preocupaba a detención do que foi líder deste sindicato próximo ao PP –disolto oficialmente por un xulgado en xuño de 2016– e a quen desexou "sorte".

"Non me preocupa máis que que se aclare calquera cousa que afecte a calquera galego. (...) Que aclaren as posibles sospeitas que hai sobre eles e deséxolles sorte a todos, por suposto, a este galego e a calquera galego en calquera momento", respondeu.

En concreto, Juan Pérez Miramontes foi apresado este martes e trasladado á comisaría de Santiago á espera de pasar a disposición xudicial. Neste operativo contra a trata de mulleres levada a cabo pola Policía Nacional en colaboración coa Fiscalía de Paraguai, foron detidas seis acodes en Galicia e outro tres en Paraguai.

Investígase unha rede que captaba mulleres no país latinoamericano e as traia a Santiago, onde eran obrigadas a exercer a prostitución. A operación está aberta e decretouse o segredo de sumario por parte do xulgado compostelán que instrúe a causa. 

Comentarios