A Mariña

Feijóo insta o Goberno a "rescatar" Alcoa con fondo de 10.000 millóns que aprobará este venres


O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, lanzou desde Lugo unha proposta "explícita" ao Goberno central: ou unha tarifa "viable" da enerxía para as compañías electrointensivas ou que "parte" do fondo de 10.000 millóns de euros para empresas en dificultades que prevé aprobar este venres se destine a "rescatar" a factoría de Alcoa en San Cibrao.