Familiares dos usuarios das residencias DomusVi concéntranse en Vigo en memoria das vítimas

Piden unha comisión de investigación no Parlamento e temen estar "nas portas doutra hecatombe"  
Un momento de la manifestación en Barreiro. DP
photo_camera Un momento da manifestación en Barreiro. DP

Decenas de familiares dos usuarios das residencias da área de Vigo se concentraon na mañá deste domingo diante do edificio do xeriátrico de DomusVi Barreiro, como sinal de honra ás 270 persoas maiores e dependentes falecidas na xestión da pandemia nas residencias, dende marzo. A concentración, e andaina pola contorna da residencia, foi convocada polas asociacións de familiares dos xeriátricos de DomusVi en Vigo (Asfareba) e en Cangas (Vellez Digna), co respaldo da federación galega de familiares Rede e da asociación de familiares da residencia pública de Bembrive (Vigo).

Os concentrados volveron a pedir explicacións e transparencia sobre o acontecido dentro das residencias e recalcaron a necesidade de que o Parlamento de Galicia cree a Comisión de Investigación das residencias, Comisión que demandaron esta semana pasada as organizacións de familiares e os partidos da oposición.

As organizacións convocantes da concentración tamén alertaron sobre a "desazón" que rodea nestes momentos ás familias das persoas maiores que están ingresadas nas residencias galegas, "ante o grave perigo que de novo rodea a estos centros pola nula corrección de erros que se observa nos xeriátricos para evitar que a pandemia se propague de novo; volvemos sobre o punto fatídico, que non é outro que a sistemática falla de persoal e incluso de elementos de protección", subliñou Paulino Campos, presidente de Rede.

"Desazón que inclúe ó incremento de medidas de restrición nas visitas dos familiares, con vulneracións reiteradas de nomativas, cando non se produce o feche irregular das instalacións, quedando as familias, e as usuarias, desamparadas, espidas de dereitos, nuns actos que están máis preto do secostro de persoas, do confinamento forzado en búnkeres, que de medidas proporcionadas a realidades epidemiolóxicas, sobre todo cando empresas e administración non fixeron os deberes, que é, básicamente, garantir un número apropiado de persoal, formado e informado, nas residencias, fundamental para a contención do coronavirus. Neste sentido, estamos nunha situación peor que na previa da pandemia de marzo, estamos nas portas doutra hecatombe"

Os actos reivindicativos continuarán ao longo do mes de setembro. O día 3 hai unha convocatoria programada para una concentración diante da sede central estatal de DomusVi, en Vigo. Por outra parte os días 6, 13 e 20 tamén haberá actos nas vilas do Morrazo; o día 11, na praza maior de Celanova; o 25, nas rúas de Vigo; e o 26, na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela.

Comentarios