Falece Manuel Regueiro Tenreiro, exdirector xeral de Política Lingüística

O escritor e profesor estivo moi vencellado a Lugo e Vilalba, onde exerceu a docencia

Manuel Regueiro Tenreiro, nun acto en Lugo o pasado 9 de maio. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Manuel Regueiro Tenreiro, nun acto en Lugo sobre Antonio Fraguas o pasado 9 de maio. VICTORIA RODRÍGUEZ

O escritor e profesor Manuel Regueiro Tenreiro, exdirector xeral de Política Lingüística entre 1989 e 2000, faleceu aos 76 anos tras unha longa enfermidade.

Nado en Perbes, Regueiro Tenreiro cursou os estudos secundarios en Santiago e logo licenciouse en Filosofía e Letras en Salamanca, antes de doutorarse na Complutense de Madrid. Como profesor exerceu en Soria, Salamanca, Vilalba, onde dirixiu o instituto Santiago Basanta Silva, e Lugo en varias etapas.

Precisamente na cidade das murallas fixo unha das súas últimas aparicións públicas, a primeiros de maio, con motivo da presentación do proxecto Os nove anos de Fraguas en Lugo, unha homenaxe ao galardoado na última edición das Letras Galegas. Manuel Regueiro Tenreiro e Antonio Fraguas mantiveron unha gran relación tanto profesional como persoal. 

Dentro do seu amplo currículo, cómpre destacar a colaboración de Regueiro Tenreiro na redacción dos primeiros libros de texto en galego