Falece Fefé García del Río, abonado número 2 do Dépor e exxogador do club

Era o único abonado, xunto a Jaime Presas Carbajo e José Pereira Revolta, con máis de tres cuartos de século de vinculación ininterrompida co equipo

Fefé del Río, á esquerda. @RCDeportivo
photo_camera Fefé del Río, á esquerda. @RCDeportivo

Fefé García del Río, abonado número 2 do Deportivo e exxogador do club, faleceu aos 85 anos, segundo confirmou este sábado o equipo galego.

En xuño de 2016, Fefé recibiu de mans do presidente do Deportivo, Tino Fernández, a insignia de ouro e brillantes do club ao cumprirse 75 anos da súa alta como socio do Deportivo.

Era o único abonado, xunto a Jaime Presas Carbajo (socio 1) e José Pereira Revolta (socio 3), con máis de tres cuartos de século de vinculación ininterrompida co Deportivo.

Ademais, chegou a defender a camiseta do Deportivo nas categorías de formación do club.

O Deportivo envíalle os seus máis sinceras condolencias a toda a familia e os moitos amigos deste histórico seguidor" do equipo. 

Más en Deporte General
Comentarios