Falece Antonio Martínez, presidente da Cabalgata de Reis de Ribadeo durante 29 anos

O alcalde lembrou  o seu labor en distintas actividades colectivas da vila, como as festas patronais
antonio internet
photo_camera Antonio Martínez, nunha foto de arquivo de 2010.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, lamentou este sábado o pasamento de Antonio Martínez Pérez, o que fora presidente da comisión organizadora da Cabalgata de Reis durante 29 anos. 

"Enterados do falecemento no día de hoxe queremos, desde o Concello de Ribadeo, mandarlles o pésame e unha mensaxe de agarimo a toda a súa familia. Antonio, entre outras moitas facetas da súa vida, foi unha desas persoas que ao longo de moito anos formou parte destacada dunha chea de actividades colectivas do noso pobo, como as festas de Ribadeo, e especialmente, a organización da Cabalgata de Reis, asociación da que foi durante 29 anos presidente", expresou o rexedor.

Suárez Barcia enviou "unha lembranza agarimosa de todo ese tempo, no cal, en parte, eu como alcalde tiven a honra de participar". "Lembro con especial empatía, as numerosas veces que viña ao concello co seu impulso decidido e un ímpeto rexo e resolto a falar con nós, para lograr o apoio do Concello dun xeito ou doutro nese evento do Nadal tan importante para os máis pequenos”, engadiu. 

Más en A Mariña
Comentarios