Opinión

Exame arriscado

SE NON se aproba no curso, queda setembro. Pedro Sánchez suspendeu en xullo e deixa a repesca para o derradeiro día, e darse un atracón, en vez de ir aos poucos, como se agosto fose inhábil. Xa van catro meses co Goberno en funcións, por non compartir poder, como se os electores lle deran maioría absoluta, da que está moi distante. Mentres as comunidades reclaman iradamente o que lles corresponde, o Goberno alega que ao estar provisional non ten facultades para remitirlles os cartos que precisan, aínda que tempo tivo abondo para formarse, como fixeron noutros lugares protagonistas da mesma cor. Sánchez desdeña o formato que PSOE e Podemos selaron en concellos, deputacións ou autonomías. Parece ansiar novos comicios nos que mellorar resultados, pero cada exame electoral ten o seu risco, pois como nunha oposición os rivais tamén puideron aprender do suspenso anterior.

Comentarios