Imprimir

Evacuado en helicóptero un percebeiro que caeu nunha zona de rochas en Muxía

Redacción | 20 de octubre de 2020

Un helicóptero medicalizado. ARQUIVO
Un helicóptero medicalizado. ARQUIVO

Un percebeiro que caeu nunha zona de rochas da praia de Arnela, en Muxía, foi evacuado este martes en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chus). 

A central do 112 Galicia recibiu unha chamada de alerta na que se advertía de que o ferido quedara inconsciente, polo que urxía a asistencia médica. Así as cousas, os profesionais do 061 acudiron ao lugar no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Estaban co ferido voluntarios de Protección Civil da vila, que accederon á praia próxima ao lugar da caída, a onde unha embarcación trasladou o percebeiro. Tras recibir os primeiros coidados, o home foi trasladado no helicóptero.

Segundo a Policía Local, o home estaba pescando con outros compañeiros cando sufriu unha indisposición e caeu ao mar. Unha embarcación que se atopaba pola zona recolleuno e levouno á praia de Arnela. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/evacuado-helicoptero/202010201634271465631.html


© 2021 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)