Tres establecementos participan no XVII Tapas de Muimenta

O certame celébrase dende o día xoves 6 ao sábado 8, en horario de 19.00 a 23.00 horas, e os que saboreen e valoren as propostas entrarán no sorteo de tres vales de compra de 75 euros 

XVII Tapas de Muimenta
photo_camera XVII Tapas de Muimenta

A Asociación de Empresarios de Muimenta organiza o XVII Tapas de Muimenta, no que participan tres locais de hostalaría. O 6, 7 e 8, de 19.00 a 23.00 horas, os que o desexen poderán saborear as propostas deseñadas para a ocasión polos establecementos, que se servirán a un prezo único de dous euros. A partir das 20.30 horas, haberá un bus de Autocares Darriba que percorrerá a ruta de tapeo cada media hora.

Coma nas edicións anteriores, o público poderá valorar as tapas e apoiar co seu voto a súa proposta favorita. Todas as papeletas, sempre que conten co selo dos tres locais, entrarán no sorteo de tres vales de compra de 75 euros, patrocinados por Cafés Bou, que se poderán gastar, no prazo dun mes, en calquera dos negocios socios da entidade promotora.

A Asociación de Empresarios de Muimenta conta coa colaboración do Concello de Cospeito, a Deputación de Lugo e Distribuciones ACR 2012.

As tres propostas

XVII TAPAS MUIMENTA 2Restaurante Anllo Pollo relleno 
Peituga de polo, xamón doce e queixo, aderezado con ensalada, patacas e alioli
XVII TAPAS MUIMENTA 6O Cabuxo Lomo con gelee de mencía 
Escuma de pataca con lombo de porco acompañado dunha boliña de queixo, ademais de gelée de mencía e de queixo raiado
XVII TAPAS MUIMENTA 4Alvariño Roliño de tempada 
Roliño de carne con xamón, cenoria e pementos, acompañado de patacas e unha sala de setas

 

Comentarios