Opinión

España se rompe

Antelo, el gallego que lidera Vox en Murcia. TWITTER @Antelini
photo_camera Antelo y un belén. @Antelini

ESPAÑA LEVA rompéndose tanto tempo que sorprende que aínda quede España que romper. Os traidores da patria son malos ata para facer o mal. Os Pepe e Otilio da destrución de países. Se atendemos ao tantas veces repetido, España debería de estar escachada, esparexida polo mundo adiante. Euskadi onda o polo norte; Ceuta preto de Botswuana. Pero Murcia aínda está aquí ao lado. E nela, José Ángel Antelo, ex xogador galego de baloncesto a quen Abascal nomeou presidente de Vox na rexión máis fermosa. En plena retransmisión da cabalgata, o á-pivote mostrouse compunxido: "O PSOE servo do terrorismo rompeu a maxia deste día". Alguén tiña que dicilo. Todos os nenos choraban o domingo pola unidade de España.

Comentarios