Entende o PP que gaña votos virando á dereita

(*)

A SITUACIÓN anda revolta, e aí a ganancia soe ser para os pescadores de votos máis centrados, nunca para os máis escorados ás beiras. Por iso é chamativa a viraxe cara a dereita do Goberno e do partido que o apoia coa lei denominada oficialmente de seguridade cidadá pero que precisamente a cidadanía coñece como lei mordaza, por todo o que prohibe. A única explicación para este radical cambio de rumbo é que os dirixentes do PP comprobaran como lles están fuxindo apoios pola dereita e pretendan atraelos de novo con leis coma esta que rozan, se non o tocan de cheo nalgúns puntos, o autoritarismo, pois que a unha denuncia das forzas de seguridade se lle dea valor probatorio non se pode cualificar doutra maneira ca autoritaria. Con esta lei xa non se poderá nin protestar ante o risco de ser sancionado, e non por un tribunal, senón por un ministerio. Parece que é colleitar pola dereita.


(*) Se mantiene el idioma original del artículo, publicado en la edición impresa de El Progreso del 18 de diciembre

Comentarios