Enciso cre que Locarno valorou a "calidade" de 'Longa noite'

O meireigo recibiu o Boccalino d’Oro á mellor dirección polo retrato do franquismo
Rodaxe da película 'Longa noite', que lle valeu a Eloy Enciso para recibir o Boccalino d'Oro. JAMY CORRAL
photo_camera Rodaxe da película 'Longa noite', que lle valeu a Eloy Enciso para recibir o Boccalino d'Oro. JAMY CORRAL

O cineasta meirego Eloy Enciso recibiu onte o premio Boccalino d'Oro á mellor dirección no Festival de Locarno grazas ao seu traballo en 'Longa noite', un retrato da xente de pé na España posterior á Guerra Civil. Este galardón, concedido por un xurado independente de críticos, acredita a Enciso como voz a ter en conta nas novas correntes do cinema europeo pola súa "calidade artística", dicía o realizador.

Cando o director case non acababa de dixerir a noticia respondía a El Progreso que se sentía "honrado, aínda que este premio tamén se comparte co resto do cinema galego". Locarno é unha das datas máis importantes no percorrido de festivais de cine, "un faro para a nivel internacional", no que xa é "un privilexio estar".

Non era posible agochar "a ledicia de ter esta estrea, que destaques entre xente importante". Sen embargo, Enciso non pensa "que haxa un ránking" e cre que o seu oficio "non cambia" polo feito de recibir este recoñecemento. 'Longa noite' dalle voz ás persoas correntes que sobreviviron á Guerra Civil, vencedores e vencidos, como un relato de moitas historias que conforman un tecido.

"O que proveña de reflexión e provoque reflexión sempre axuda. Este filme pode que teña esta función, pero a miña pretensión era provocar na xente ese querer saber o que ocorreu. Se ademais len os textos de Seoane ou Max Aub nos que me inspirei, mellor", explicou Enciso ante a posible axuda que pode ter o seu filme para a loita pola memoria histórica.

No horizonte do director meirego están os festivais de Toronto e Nova York, aos que chega "coa ilusión simplemente xa de estar seleccionado" e a pretensión de "facer visible a língua, a historia e as paisaxes de Lugo". O Leopardo de Ouro a mellor películo levouno a película portuguesa 'Vitalina Varela' de Pedro Costa. A actriz que da nome ao filme e interpreta a unha viúva caboverdiana gañou na categoría de mellor actriz.

Comentarios