Opinión

En defensa dos xuíces

SE DAMOS por certo o aserto de Tácito de que quen se enfada coas críticas recoñece que as ten merecidas, o presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo deixa en entredido os xuíces precisamente por saír publicamente a defendelos. Entra dentro da lóxica que o faga, pero os maxistrados xa están protexidos e, como calquera outra parte das institucións do Estado, tamén poden estar sometidos a xuízo porque non son infalibles. De feito casos houbo destes profesionais condenados por prevaricación, o que amosaría nesas situacións concretas unha mala praxe. E curioso ademais é que o mesmo que ergue unha defensa pechada do colectivo xudicial español descualifique o de países como Bélxica ou Alemaña, como se aquí fose impoluto e, pola contra, dubidoso o doutros lugares, pero só cando as decisións non son as agardadas. Iso é ben distinto a defender a Constitución, aínda que como as demais leis sexan interpretables.

Comentarios