Imprimir

Elena Candia: "Toda la corporación debe estar unida sin tener en cuenta las siglas"

L.F.B. | 26 de mayo de 2015

Elena Candia
Elena Candia
Con "serenidade e humildade" é como afronta a popular o reto do seu primeiro mandato á fronte do Concello despois de pasar oito anos na oposición e coa experiencia que tamén lle dan os últimos anos como portavoz na Deputación

Na rúa "a xente está contenta, porque quería un cambio". Iso é  polo menos o que percibe a alcaldesa electa polo PP de Mondoñedo, Elena Candia que accede ao goberno despois de anos exercendo unha oposición dura e constante co bipartito local.

Que mensaxe lle deron os mindoniensese cos seus votos?
Mondoñedo quería un cambio, porque entendía que non había proxecto ou o que había xa estaba esgotado. Ademais valoro positivamente que o PP gañase cos números suficientes para poder estar no goberno porque iso vai ser bo para o concello de Mondoñedo.

Como afronta este mandato?
Con humildade e co compromiso de traballar por Mondoñedo e quero que todas as forzas políticas se sintan partícipes diso, porque todos nos necesitamos sen importar as siglas para sacar o concello da situación na que se atopa. A corporación debe estar o máis unida posible para invertir esta tendencia que vive o municipio.

O diálogo será logo un dos seus principais aliados.
Valoro moito o diálogo, porque a experiencia demostrache que é un instrumento importantísimo non so para chegar a acordos senón para que estes sean mellores. En momentos cómodos podeste permitir desenvolver proxectos máis individualistas, pero na situación que vive Mondoñedo ten que haber unión. Xa dende a oposición intentamos aportar cousas, aínda que non houbera demasiada correspondencia por parte do equipo de goberno, e imos seguir na mesma tónica.

"Apostar polo turismo e polos servizos sociais será unha das primeiras cousas que fará este goberno"

O diálogo leva emparellada a participación?
Si. Seremos un goberno dialogante e o máis participativo posible, tanto coa corporación como cos axentes sociais que levaron a cabo moitas das actividades sociais e económicas que se desenvolveron no municipios nos últimos anos. De feito queremos facer un reglamento de participación cidadá.

Cales son os proxectos que se marca como prioritarios para os vindeiros catro anos?
O primeiro será invertir a imaxe do Concello como administración que obstaculizaba a resolución de problemas da cidadanía e facelo aberto aos veciños. En segundo lugar é preciso recuperar a actividade económica e apostar forte polo turismo e polos servicios sociais. Tamén planificaremos os principais servizos, como a limpeza e os desbroces.

E a nivel persoal, como ve os vindeiros anos?
Unha persoa que intenta tres veces ganar unhas eleccións é porque realmente quere facer cousas polo seu pobo senón con 37 anos e unha actividade profesional xa o tería deixado. Ademáis a oposición é moi ingrata e agora vou afrontar o goberno con ilusión, pero tamén con moita serenidade.

Despois de tantos anos na política, plantexase a duración desta nova etapa?
Non, non se me pasou aínda pola mente. Afronto esta nova etapa coa experiencia de todos este anos e tamén quero recordar a axuda que me brindou Luis Rego para dar o paso á política e tamén o apoio que me deron o presidente provincial, José Manuel Barreiro e o secretario xeral de Lugo, José Manuel Balseiro.

Xa ten en mente como constituirá o novo goberno?
Algo teño xa pensado, pero como os últimos meses foron de moito traballo para chegar ata onde nos atopamos agora, toca descansar un pouco e despois ir analizando a situación para ver como queda finalmente todo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/elena-candia-toda-corporacion-debe-estar-unida-sen-ter-en-conta-siglas/20150526000000349339.html


© 2019 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)