El Progreso ofrece la Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD

El Progreso ofrece aos seus lectores a  Gran Enciclopedia Galega, Silverio Cañada, en formato DVD, o formato máis cómodo para a consulta e a un precio excepcional, 9,95 euros máis oito cupóns.

Este domingo 28 publícase a cartilla e o primeiro dos cupóns para conseguir esta completísima obra editorial que contou coa dirección do intelectual Benxamín Casal e coa participación de cincocentos colaboradores especialistas en campos do saber tan dispares como a antropoloxía, a medicina ou a historia e a literatura. Entre os membros do consello asesor están Isaac Díaz Pardo, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xaime Isla Couto, Alfonso Zulueta de Haz, Alfrendo Conde, Víctor Fernández Freixanes, Manuel María, Basilio Losada, Xavier Alcalá, Antonio Bonet Correa, José García Oro, Manuel Lucas Álvarez, Xesús Alonso Montero e Xaime Quesada, entre outros.

A primeira edición da Gran Enciclopedia Gallega, publicada por Silverio Cañada no ano 1974, está considerada o maior compendio do saber adicado integramente a Galicia e supuxo un grande éxito editorial. Ampliada e actualizada, agora sae á rúa en formato DVD, un formato moito más práctico e versátil por tan só 9,95 euros e oito cupóns.

A Gran Enciclopedia Galega, Silverio Cañada resulta un proxecto astronómico en cifras.
Consta de 100.000 entradas, 25.000 fotografías, 2.500 gráficos e 500 mapas. Son máis de cincocentos os colaboradores elixidos entre os máis importantes especialistas en cada materia.



O DVD é moi fácil e rápido de instalar e cuns sinxelos pasos poderá disfrutar dun amplo contido multimedia. Cunha intuitiva e facilísima navegación presenta variedade de opcións de consulta: enciclopedia, na que se poden atopar tódolos termos ordeados alfabéticamente; biografías con case 4.000 entradas; heráldica con máis de 2.000 entradas de apelidos e linaxes; descubre Galicia, onde poderá consultar mapas clasificados por provincias, comarcas ou concellos, así como índice por comarcas, concellos e parroquias; e dossier onde poderá ir copiando e pegando as consultas que lle resulten de máis interese.

Ademais, co sistema de procura avanzada, introducindo o termo a buscar, poderá delimitar a búsqueda do artigo en canto a léxico, biografía, heráldica, provincia, comarca, concello, parroquia, lugar, diocese, arciprestado e tamén segundo elemento multimedia: fotografía, mapa, gráfico, táboa ou escudo. Ademais, contén un apartado de anexos onde poderá consultar as presentacións da obra en papel, o plano xeral da obra en papel, o directorio histórico e o directorio da edición actual.

Subscritores
Os subscritores que o desexen poderán conseguir un exemplar do DVD por 9,95 euros. Deberán cubrir cos seus datos o cupón de pedido para subscritores que se está a publicar nas páxinas do xornal.

Comentarios