«Sabela é unha tipa con identidade»

O xoves coñeciase a canción coa que Sabela Ramil, a concursante galega de 'OT', loitará na final: Tris, tras, un tema composto pola focega Ugia Pedreira. Sabela interpretará de novo un tema en galego co que reivindicar a terra e as raíces

Sabela Ramil interpretou 'Negro caravel' o pasado mércoles. RTVE
photo_camera Sabela Ramil interpretou 'Negro caravel' o pasado mércoles. RTVE

A PONTESA Sabela Ramil vén de meterse na final de "Operación Triunfo" cun tema cantado en galego. A rapaza nacida en Bravos (Ourol) -de donde é natural a súa familia- fixo honra á súa lingua e a súa terra durante toda a súa traxectoria no popular concurso de talento. Un camiño desigual, pero no que ela medrou acadando cada vez máis apoios, e amosando un carácter máis firme, máis seguro.

Emocionantes foron as interpretacións de "Benditas feridas" ou "Negro caravel", e é precisamente a emoción o que o seu público espera cara a final do día 19. Sabela tamén levará o galego á última gala, nesta ocasión cun tema de Marful, Tris, tras.

UGIA PEDREIRA, cantante e compositora

«'Tris tras' é unha canción con luz propia que lle deu moitos éxitos a Marful e seguro que tamén a Sabela»

A autora da canción, a focega Ugía Pedreira, admite que non segue o programa, pero que si segue a Sabela. «É unha honra, porque é unha moi boa canción de Marful que nos deu sempre moitísimas alegrías e sorpresas», di a artista.

Sobre Sabela, Ugía cre que é «unha persoa con moito carácter, unha tipa coa súa propia identidade. É marabilloso ver que por fin alguén esté cantando de forma natural nun idioma que foi un idioma para as artes durante moitísimos séculos no Estado español. Isto confirma, unha vez máis, todas as posibilidades do galego».

E falando de "Tris, tras", unha canción moi persoal que interpretou con Marful, Ugía chega á emoción. «É moi importante, primeiro, porque eu son da Mariña coma ela. Ela dedícase á musicoterapia e eu teño unha nena con parálise cerebral. Esa é a segunda emoción que me embarga», di. «E logo está a Serra da Gañidoira, que a rodea ela», engade.

Pedreira aclara tamén que "Tris, tras" fala «dese punto de valentía das mulleres, para ser dulce e para berrar cando faga falta... Eu estou alucinada polo de "OT", porque entereime hai unha hora».

A compositora da Mariña pensa que esta canción «con luz propia» traerá moito éxito para a concursante galega de "OT".

MARICARMEN RIVERA, nai de Sabela

«Ela sempre tivo unha traxectoria de menos a máis e eu penso que se viu unha evolución no concurso»

Un desexo que comparte, claro toda a súa familia e amigos. A súa nai, Maricarmen Rivera, comentaba onte nunha conversa telefónica que estaban «emocionadísimos, contentísimos, ilusionadísimos, todo o que remate en "ísimos"», dicía entre risos.

Recén chegada a Galicia de ver a gala en directo, está encantada porque viu á súa nena emocionada e moi contenta. «Non esperaba chegar a semifinais e pasou a finais, para ela foi unha tremendísima sorpresa».

Maricarmen irá co seu marido e tamén orgulloso pai á final do día 19 -«só deixan que vaiamos dúas persoas», aclara ela-.

Durante estes tres meses e pico non tiveron contacto con Sabela, xa que nas galas non poden nin asistir como público, seguen o concurso dende un camerino. Así que Maricarmen recoñece o desgaste e as ganas de que a filla volte a casa para pasar o Nadal e desfrutar dunha Noiteboa en familia.

«Así que por unha parte xa estamos desexando que acabe o programa. Porque é moito tempo e para eles tamén supoño que lles fará mella. Penso que tres mesiños xa están ben», considera.

Sobre o paso de Sabela pola academia de "OT", a súa nai resume que tivo un «proceso de arranque e logo de coller forza e agora xa loxicamente vai a por todas. E aí estamos. Ela tivo sempre unha traxectoria de menos a máis e penso que se viu unha evolución».

Maricarmen opina -e agradece- que Sabela está neste punto do concurso polo apoio da xente. «Gusta moito e creo que iso é moi importante. Primeiro empezaron os amigos e logo o círculo foise ampliando e agora ten apoio incluso no estranxeiro, e iso fai que ela tamén colla forzas».

CHUS CAÑIZARES, mozo de Sabela

«Ela é moi galega, moi de aquí, moi da súa terra e quixo chegar ata aí cantando en galego e amosando as súas raíces»

Chus Cañizares, o mozo de Sabela, non pode estar máis encantado, posto que sabe ben que a súa rapaza leva tempo buscando oco no mundo da música. «Estalle saíndo moi ben todo, está sendo auténtica e está demostrando unha personalidade moi característica. Ela é moi galega, moi de aquí da súa terra, e quixo chegar ata aí cantado en galego e demostrando cales son as súas raíces».

Polo carácter de Sabela e do propio concurso -a retransmisión durante 24 horas- considera que estivo perxudicada ao principio. «Pero agora empezou a soltarse, a ser máis natural, máis como é ela, e a xente tamén o nata», afirma.

VALENTÍN GONZÁLEZ, alcalde das Pontes

«Para a final do día 19 imos apoiar a Sabela retransmitiendo a gala en directo dende o cine Alovi das Pontes»

De cara a final -que será retransmitida en directo no cine Alovi de As Pontes, según informou o alcalde, Valentín Gonzalez- Chus vea difícil, pero pensa que «hai moita xente detrás dela e ten posibilidades de meterse entre os tres primeiros».

Apoios tamén desde Asturias

Os apoios a Sabela tamén fanse notar desde Astorias, desde onde o exedil de Cultura de Vegadeo Abel Pérez destacou en redes sociais o tema escollido pola pontesa, dado que Ugia Pedreira é, xunto a Pierrot Rougier, coautora do disco Libro A comuna del Barruzo, obra centrada na comarca Eo-Navia   

 

Comentarios