Dous feridos en Meira e Begonte en sendos accidentes de tráfico

Un atropelo e unha saída de vía desencadearon os respectivos sucesos
Coche acciedentado en Begonte.C.A
photo_camera Coche accidentado en Begonte. EP

Un sinistro vial en Meira e outro en Damil (Begonte) sáldanse con dous feridos leves. O primeiro tratouse dun atropelo a un peón en pleno centro urbano de Meira, concretamente na Rúa da Pena, á altura do número 16, e ocorreu ás 11.30 horas.

O segundo suceso produciuse ás 13.33 horas na estrada LU-541 que une Rábade con Vilalba, á altura da parroquia begontesa de Damil, cando un vehículo se saía da vía e envorcaba. Foi un particular o que alertou ao servizo de emerxencias, especificando que o ocupante do turismo non estaba atrapado. Malia todo, ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios, os bombeiros de Vilalba e a Garda Civil de Tráfico.