ElProgresoTV

Dous anos coa couza guatemalteca

A sementa da pataca segue prohibida nos concellos do norte lucense e coruñés afectados pola praga da couza guatemalteca -tecia solanívora- cando está a piques de arrincar unha nova campaña de plantación. As administracións implicadas, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e Consellería do Medio Rural, lánzanse a pelota en base ás competencias e a cal ditou o veto a principios de 2017. Mentres tanto, prosegue a inquedanza.
Comentarios