Cinco DJ recadarán fondos para Cruz Vermella de Vilalba pinchando 24 horas

O maratón musical solidario poderá seguirse do venres 29 ao sabado 30 en streaming en varias plataformas e os oíntes poderán facer peticións
imgData
photo_camera DJ participantes no maratón benéfico para Cruz Vermella de Vilalba. EP

Cinco DJ vilalbeses, Miguel López, Moises Martínez Sito, Francisco Javier Pita Kiko, Antonio Currás e Pedro Anido, realizarán os vindeiros días 29 e 30 de maio un maratón benéfico de 24 horas seguidas de música para recadar fondos para Cruz Vermella da capital chairega. 

Este particular festival poderá seguirse desde as 17.00 horas do venres 29 ata as 17.00 do sábado 30 en streaming a través da radio online radio.8020lounge.es e o servidor de vídeo Twitch, aínda que eles pincharán no pub 80/20, que estará pechado ao público.

"Contamos con la autorización correspondiente, porque planteamos esto como estar en casa, pero sin molestar a nadie. Encima del local no hay vecinos. Nosotros estaremos a puerta cerrada dentro turnándonos durante 24 horas", explica Sito, un dos promotores desta iniciativa musical, que apunta a que os oíntes poderán facer tamén peticións de temas e dedicatorias. 

Fóra do pub 80/20 habilitaranse unhas cestas para que as persoas que queiran poidan facer doazóns de alimentos para Cruz Vermella. Tamén se abrirá un número de conta bancaria e se poderán facer aportacións económicas a través de Twitch, con tarxeta de crédito ou conta de Paypal. 

"Nosotros no nos llevamos nada de nada, salvo la satisfacción de haber colaborado. Todo lo que se recaude irá para Cruz Roja de Vilalba. A ver si arrancamos la vena solidaria de la gente", dixo Sito. 

Comentarios