Opinión

Disciplina de voto

DESDE QUE o PSOE exteriorizou dúas posturas conviventes sobre como actuar ante a investidura de Rajoy debátese acerca da disciplina de voto dos deputados electos. E unha cousa queda clara, estes e calquera outro, no Congreso ou Parlamento autonómico, son antes que nada representantes do partido que permitiu que ocuparan un lugar na lista; non dos cidadáns que os votaron. De feito, o partido pode expulsalos por non seguir as súas directrices, pero a acta non teñen por que devolvela pois en teoría conséguena polo apoio cidadá. Entón estes representantes votan disciplinariamente como decide o partido antes que pola mellora do territorio-circunscrición polo que saen elixidos. Isto demostra que a distribución electoral por provincias é anacrónica, pois dá igual ir na lista por Lugo, Navarra ou Burgos, todos votan igual ante o risco de quedarse fóra do partido primeiro e das institucións despois.

Comentarios