"Despois púñanse letreiros: Prohibido pedir la pareja"

Época de festas
Baile no Círculo das Artes de Lugo
photo_camera Baile no Círculo das Artes de Lugo

ERA ENTONCES un Lugo apacible y tranquilo, un Lugo tierno y cariñoso, un Lugo con cierta diferencia económica entre las familias, pues muchas de ellas no querían saber nada de las verbenas -que consideraban populares y barriobajeras-, y se compraban las mejores prendas para exhibirlas en los bailes del Casino o del Círculo de las Artes, reinos del ‘señoritismo’, donde, por cierto, se podía escuchar a las más afamadas orquestas de España, que ofrecían canciones poco conocidas en Lugo y que se ponían de moda gracias a sus vocalistas, no se sabe por qué casi siempre del género masculino.

Ángel de la Vega / Lugo

Unha vez que eu xa adquirira dotes de bailarín, animeime a saír ás festas. A fortuna achegoume a Canducho, da Casa do Tendeiro; e a Dosi, da Casa de Dositeo Mendoza (a carón da casa da Zoqueira, onde vivían as miñas amigas Nieves e Pili). Que fins de semana! Que noites! Que festas! O Cándido, coas verbas ben escollidas para sorprender ás mozas, con aquel sorriso de medio lado coma se fose un galán. O Dosi, cos seus traxes, sempre inmaculado, co seu aplomo. Unha vez, non sei en que festa, Dosi vestía un rechamante e impoluto traxe branco de arriba a abaixo que, curiosamente, coincidía cos traxes dos membros da orquestra.

José Manuel Núñez Losada / Lugo

Venía a los bailes en el Círculo y el Casino, donde daban unas buenas cenas. Había que venir de etiqueta y resultaban unos bailes muy animados. Claro, algo muy distinto a lo que veo ahora, bailando suelto. Todo eso no.

Marina López Rodríguez / Barreiros / Sarria

O mozo pedíalle palabra á moza se lle podía acompañar, pero sempre había aqueles que metían a pata. Despois púñanse letreiros: ‘Prohibido pedir la pareja’. Xa non podías irlle pedir a moza a outro. ¿Me permites? Non, non se podía.

José Manuel Pol Herbón / Adai / O Corgo

Por unos caminos estrechos, entre el maíz que se erguía lozano, salimos a la carretera de Vivero y andando por ella unos pasos, llegamos al salón teatro, parada del correo de Ribadeo a Vivero, y punto de cita de los bañistas de Foz cuando quieren bailar.

Antonio de Cora / Foz

Iamos o 16 de agosto ao San Roque de Vilamor. A tradición era comer de campo cos restos da festa do 15 de agosto, Nosa Señora. Contaba miña nai que cando estaba embarazada, para nacer eu o 24 de agosto, estivo na festa de San Roque bailando a muiñeira. Tamén estaba Ben Cho Shey, e como bailaba con outra mestra, tamén embarazada, díxolle a meu pai: «Cantos estarán bailando aí?».

Tareixa Campo / O Incio

Eu bailaba con todo o mundo, pero en realidade vendo como se bailaba, non é por presumir, pero eu facíao bastante ben. Era baile normal. Ía ás festas e bailaba con todos, pero nunha ocasión, no San Lourenzo, en Albeiros, bailei cun que non o facía moi ben, e é raro, porque os que non se movían ben deixábaos enseguida. O peor era que lle olía o alento a sardiña e díxenlle: «Mira non che vou bailar máis porque me doen moito os pés».

Remedios López Villar / Lugo

Lembro perfectamente esa noite, na que Mondoñedo respiraba un ambiente festivo, de feito houbo unha verbena que amenizou aquela inolvidable orquesta Los Mejoranos do Valadouro. Nese ambiente festivo celebrouse unha saída de moitos participantes desde o monte que levaban consigo varias bengalas que ían encendendo o longo do seu voo. O espectáculo era inesquecible ata que a fatalidade fixo que unha de esas bengalas fose caer aínda prendida nun bosque de San Carlos, onde deu comezo un pequeno pero espectacular incendio que provocou a suspensión da proba e case que da verbena, pois moitos fomos os voluntarios que nos achegamos ao lume para colaborar nos labores de extinción.

Zalo García / Mondoñedo

Ía moito ás verbenas. Era moi simpático aquilo de ver se che deixaban meter a man entre o abrigo e ela. Se che deixaban, xa ía ben. Eu tiña unha técnica que era tirarme pola máis guapa, e había algún que se tiraba pola máis fea. Non ves que se te tiras pola máis fea, de aí abaixo xa non che queda ningunha? As mulleres fíxasen moito nestas cousas. Da máis guapa á máis fea, tiñas unha chea delas e polo menos, se te tirabas pola máis guapa e che fallaba, tiñas outras. E ao mellor non errabas porque hai moitos que non lles entran ás guapas, porque lles impoñen respecto. A esas que estaban así, caladas e serias, ti xa non lles dicías nada. Collías e poñíaste a bailar con elas. A tía tiña tal sorpresa, que se levantaba e bailaba. Polo menos bailaba, despois deixarse achegar era outro tinglado... e que burros eramos! Porque se se che levantaba un pouquiño, dábache vergoña e tirabas para atrás, e se ela se tiraba adiante, dicías: «Jolín, isto vai ben!»

Alfredo Labajjo Grandío / Lugo

Yo creo que nunca fui a una verbena. No, porque no me dejasen. No me gustaban. En cambio a los bailes del Círculo y del Casino, sí. En el Casino estrené mi primer vestido largo.

Pilar Iglesias Osorio / Lugo

Mi amigo Paco y yo acudíamos a las verbenas que por aquel entonces era el principal medio de diversión para los jóvenes. Bueno, no para todos los jóvenes. A las muchachas de clase media-alta este tipo de diversión les estaba vedada, ya que el hecho de asistir las criadas de servicio y la soldadesca, ya era causa suficiente como para justificar la no asistencia. Ganas es evidente que no les faltaban, pero el hecho de tener que estar a la nueve en casa, de acuerdo a las órdenes que de manera muy rigurosa ejercían los padres, no había alternativa posible. Nosotros lo pasábamos muy bien en la de San Fernando, la de San Roque, Recatelo y la de la Plaza de España.

José Guerrero / Lugo

Eu recordo que a primeira orquestra que vin foi en San Pedro de Viana. Era de noite porque daquela os curas nin deixaban ir as verbenas. Era moi bonito porque tiñamos que pasar o río Asma por un pontillón, ir de noite cuns fachóns e lémbrome ben que entrando había unas luces de cores e estaban tocando, acórdome coma hoxe, ‘Moliendo café’. Era a orquestra Rumbo de Lugo. Eu daquela xa defendía as verbenas diante dos curas antes de ir.

Afonso Eiré López / Riopedroso / Laxe / Chantada

Una de las primera verbenas que recuerdo fue en Santo Domingo, claro, sin que existiesen aparcamientos subterráneos. Allí estaban las chicas bailando entre ellas, te acercabas y les preguntabas: «¿Bailas?». Unas te decían que sí y otras que no, pero bueno empezabas así; por supuesto, muy separados. Acababa la pieza y te ibas a buscar otra pareja.

Carlos Marcos Fernández / Lugo

A las verbenas no iba mucho, ni tampoco mis hijos, era mucho jaleo, mucho lío y ahí se podía perder un poquito el control. Íbamos poco. Sí por ejemplo, tengo un recuerdo fantástico. Atravesando el río mi suegro tenía el pazo de Santa Mariña, un pazo precioso. Íbamos mucho a verle y allí hay unas fiestas en el mes de agosto. Saliendo de nuestra casa había una explanada grande y unas rocas donde nos sentábamos Bernardino y yo, y todos nuestros hijos a ver cómo echaban los cohetes. Fíjate qué estampa más tonta. Era maravilloso. Con unas noches preciosas. Es una estampa inolvidable.

Concepción Teijeiro Revilla / Lugo

Comentarios