Opinión

Desleixo consciente co idioma

NON LLE FARÁ caso, como xa ocorrera cos dous informes anteriores de 2012 e 2016, porque a censura das súas actuacións non é coercitiva, simplemente crítica. O Consello de Europa, a través do comité de expertos para as linguas minoritarias, alerta sobre a situación do galego e reclama que se eliminen limitacións á docencia, que se incremente o uso nos servizos públicos e que se garanta a lingua nos procesos xudiciais, entre outros requirimentos, pero as institucións galegas competentes non teñen interese e posiblemente acubillarán o texto. Nin sequera son capaces de que o galego sexa o idioma de primeiro contacto da Xunta cos cidadáns, máis ben é excepción. O minoritario pero potente grupo radical antigalego consegue marcar a axenda idiomática e así continúa minguando o número de galegofalantes. España comprometeuse a preservar a riqueza lingüística, pero non cumpre, sobre todo en Galicia, para satisfacción dos unitaristas.

Comentarios