Opinión

A desconfianza leva a eleccións

LEXISLATURA esgotada. A de Cataluña. Ao Parlament quédalle escaso percorrido. Non daba para máis logo das diverxencias entre os socios de goberno, que curiosamente se intercambiaron nos últimos anos. Os outrora moderados herdeiros da extinta Convèrgencia radicalizáronse, mentres que ERC pasou a posicións máis mornas. E esa diverxencia é o que leva a Torra adiantar comicios unha vez que se aproben os orzamentos xa en trámite parlamentario tras ser validados polo Govern. Porque JxCat e ERC non van da man desde hai tempo, de feito os republicanos permitiron coa súa abstención que Sánchez sexa presidente, mentres os posconverxentes votaron en contra. E agora, e definitivo, ERC favoreceu que se lle retirara a acta de deputado ao presidente e evitara así a desobediencia á que se arriscaba, aínda que Torra entendía que a decisión partira dun órgano non competente para iso, a JEC. En definitiva, a desconfianza leva á ruptura.