Piti Sanz, músico. Desde a Casa

"Dersu Uzala' vai dun analfabeto que sorprende aos científicos"

Piti Sanz
photo_camera Piti Sanz

→ Unha película
‘Dersu Uzala’. Trata da amizade entre un topógrafo e un trampeiro, un ‘analfabeto’ para os científicos, que pouco a pouco vai sorprendendo co seu coñecemento do medio e sabedoría.

→ Unha serie
Agentes de Shield. Baseada nun comic de Stan Lee e Kirbi. Defensa da humanidade contra desmanes de gobernos, de extraterrestres ou o que cadre dependendo da temporada.

→ Un libro
Bomarzo de Múgica Lainez. Un repaso aos recunchos mais retortos do Renacemento ao redor da estirpe dos Orsini. Apasionante.

→ Un disco
Berlín de Lou Reed. Logra reinventarse con temas que xa gravara e consegue unha incrible atmósfera melancólica e crúa... coma a propria cidade Berlín.

→ Unha alternativa
Maus de Art Spiegelman. A historia dun xudeo polaco que sobrevive ós campos de exterminio nazis, contada polo seu fillo Art, para deixar lembranza. Recomendable para votantes de Vox

Comentarios