La Diputación aporta 30.000 euros al proyecto que investiga la represión

Antón Veiga, Juan Casares Long e Mario Outeiro, onte na Deputación. (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Antón Veiga, Juan Casares Long e Mario Outeiro, onte na Deputación. (Foto: Pepe Álvez)

O proxecto de investigación Nomes e Voces, que dirixe o catedrático Lourenzo Fernández Prieto, e o proxecto de estimulación do talento matemático entre estudantes de ensino secundario Estalmat Pi beneficiaranse de senllas axudas económicas da Deputación de Lugo, despois de que o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación asinaran onte dous convenios de colaboración entre as dúas institucións.

O proxecto de investigación Nomes e Voces -para o que o organismo provincial adica 30.000 euros- naceu en 2006 a través dun acordo das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura para estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas que se poden ver xa na páxina web do proxecto www.nomesevoces.com. Porén, o proxecto perdeu a axuda da Xunta.

O delegado de Cultura sinalou que «o proxecto Nomes e Voces representa o maior esforzo de investigación sobre a represión franquista feito en Galiza e en Lugo. Dende a vicepresidencia da institución provincial seguiremos brindando o noso apoio a este estudo que tenta esclarecer parte da historia recente deste país, algo ao que, nos últimos años, se negou a Xunta de Galiza, que retirou o seu apoio institucional a esta iniciativa», indicou Mario Outeiro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios