Imprimir

Debates

Elías Ferreiro |

El Progreso de Lugo | 03 de diciembre de 2015

ESTAMOS XA na campaña do que prometen ser as eleccións xerais máis transcendentais desde a Transición. Por primeira vez desde a morte de Franco, os candidatos con opcións de presidir o Goberno son máis de dous. O bipartidismo non vive os seus mellores tempos en España. A irrupción de Podemos na esquerda e de Cidadáns na dereita insuflan algo de osíxeno nunha paisaxe política na que o incumprimento dos programas electorais -é dicir, tomar aos votantes polo pito do sereno- e a corrupción viñeron sendo, por desgraza, dous dos seus sinais de identidade. Aínda que a campaña electoral se diferenciará das anteriores no número de candidatos con opcións de presidir o Executivo, estará viciada unha vez máis pola reticencia de quen detenta o poder para debater en televisión cos que pretenden desbancalo. Ata agora, só dous presidentes en exercicio -Felipe González en 1993 e José Luis Rodríguez Zapatero en 2011- se dignaron dar cancha aos seus principais rivais -José María Aznar e Mariano Rajoy, respectivamente- ao acceder a debater con eles. Rajoy consente agora en facelo con Pedro Sánchez -pero non con Albert Rivera e Pablo Iglesias- nun intento de apontoar un bipartidismo que parece ter os días contados. Ou non, que diría o propio Rajoy. Para saber pola caixa parva de que pé coxean os catro haberá que sintonizar programas de máxima audiencia e mínima esencia. Que tempos aqueles os da Clave de Balbín!

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/elias-ferreiro/debates/20151203000000476700.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)