Imprimir

Dani de la Torre continúa a súa rodaxe en Pantón após dos positivos de dous extras 

Europa Press | 03 de septiembre de 2020

Dani de la Torre. ARQUIVO
Dani de la Torre. ARQUIVO
O productor da película asegura que todo o persoal está "limpo" e que se aplican os debidos protocolos de seguridade 

A rodaxe de 'Live is Life', a última película do monfortino Dani de la Torre, continúa "sen problema" en Ferreira de Pantón após dar positivo en covid-19 dous mozos que ían participar no filme como extras. 

En declaracións a Europa Press, o produtor da película, Federico Rozadillas, transmitiu "tranquilidade", despois de que estes dous positivos permitiran dar, polo momento, con outro cinco casos no municipio. 

Rozadillas confirma que van rodar na tarde noite deste xoves e que a súa intención é proseguir con "tranquilidade" durante o cinco semanas que queda, xa que todo o persoal está "limpo" e aplícanse os debidos protocolos de seguridade. 

Pola súa banda, o alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, explicou, tamén en declaracións a Europa Press, que os sete positivos son novos, amigos que celebraran "unha festa de despedida do verán" días atrás. 

O rastrexo á contorna dos dous primeiros casos levou a coñecer outro cinco e todos eles atópanse nas súas casas, segundo indicou o rexedor, que apunta que tres deles presentan síntomas e catro son asintomáticos.

Falta o resultado de máis pobras

Os familiares destes mozos, entre os 18 e os 20 anos, segundo Álvarez, deron negativo, pero aínda falta por coñecer o resultado das últimas probas realizadas a persoas próximas aos mozos. 

Pola súa banda, no actual escenario, o primeiro edil de Pantón recomendou que os veciños manteñan a distancia de seguridade e utilicen a máscara, ademais do adecuado lavado de mans.
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ribeira-sacra/dani-torre-continua-sua-rodaxe-panton-problema-apos-dous-positivos-ian-ser-extras/202009031745201458171.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)