O Concello de Taboada cancela a Festa do Caldo de Ósos

Este ano ía celebrarse a edición número 30, que queda posposta por mor da pandemia á espera de que se poida celebrar con todas as garantías "sanitarias e sociais"

Vecinos de Taboada, durante la degustación del caldo de ósos. TOÑO PARGA
photo_camera Veciños de Taboada, durante a degustación do caldo de ósos, nunha edición anterior. TOÑO PARGA

O Concello de Taboada anunciou a cancelación da edición deste ano da Festa do Caldo de Ósos, que ía celebrarse o vindeiro 14 de febreiro. O evento queda posposto ata que se poida desenvolver con todas as garantías "sanitarias e sociais", segundo comunicou a administración municipal.

Neste 2021, a Festa do Caldo de Ósos chegaría á súa edición número 30. A celebración, que si puido realizarse no 2020, únese á longa lista de actividades afectadas pola pandemia. 

Comentarios