O Concello de Guitiriz selecciona persoal para cubrir tres bolsas de emprego

As persoas candidatas a traballar no PAI, como peóns ou como auxiliares do centro teñen dez días para presentarse
Casa del Concello de Guitiriz. AEP
photo_camera Casa del Concello de Guitiriz. AEP

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba este venres as convocatorias do Concello de Guitiriz para a selección de persoal laboral temporal co que constituir tres bolsas de emprego público temporal, que estarán vixentes no periodo entre 2020 e 2022. 

Dúas destas bolsas enmárcanse na área de servizos sociais. Así, o Concello seleccionará persoas que poidan cubrir o posto de técnico do Punto de Atención á Infancia (PAI) ou servir de persoal de apoio neste e, por outra banda, auxiliares de xeriatría e operarios para o centro de día. 

A terceira bolsa de emprego pertence ao servizo de medio ambiente e infraestruturas e abarca postos como o de peón de servizos múltiples ou o de peón-condutor.  

As persoas interesadas en cubrir baixas laborais ou periodos vacacionais en Guitiriz teñen dez días hábiles de prazo para presentar as súas solicitudes. Estas deben formalizarse no rexistro xeral do Concello, xunto á pertinente documentación e o modelo de solicitude das bases. Para a selección terase en conta a experiencia (cinco puntos), o galego (un) e unha oposición (dez) con dúas probas: un test e un suposto práctico. 

TERAPEUTA OCUPACIONAL. A maiores da convocatoria destas bolsas de emprego, o Concello de Guitiriz tamén remitiu, para a súa publicación no BOP, as bases para a selección dun funcionario interino que cubra a praza de terapeuta ocupacional.

Comentarios