Comeza a veda da centola e do boi na provincia de Lugo

Prolongarase até o 1 de decembro

photo_camera Centola. AEP

A veda da centola e do boi na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares e o Río Eo, na provincia de Lugo, comezará este venres, día 28, e prolongarase até o 1 de decembro.  Así o informou a Xunta en consonancia co establecido polo Plan de Xestión para estas especies para a campaña 2019-2020, que establece o período de veda na provincia de Lugo entre as 00,00 horas do 28 de xuño e as 00,00 horas do 1 de decembro, ambos os incluídos. 

Nas provincias da Coruña e Pontevedra a veda comezou xa o pasado 22 de xuño e prolongarase até o 10 de novembro incluído. 

O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións e por medio de calquera arte no litoral galego. As embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas e levalas a porto.

Comentarios