Comer por la nariz, la nueva dieta milagro que al parecer hará bajar hasta 10 kilos en 10 días

Coa proximidade do verán, ábrese a veda do consumidor incauto que quere pórse en forma. As dietas milagre teñen éxito malia o polémicas que son. O último, amais da Dukan, un réxime que consiste en comer polo nariz.

A dieta baseada en alimentarse polo nariz promete perder dez quilos en dez días, algo que se converteu en todo un éxito entre noivas dos EE UU nos días previos á voda, a pesar das críticas e advertencias dos especialistas.

A dieta KE (Ketogenic Enteral), é promocionada desde hai meses polo médico Oliver di Pietro, que desde Miami  defende que os seus pacientes ''non pasan fame porque a subministración de alimento é constante'' (800 calorías ao día) e perden ''o 10% do peso en 10 días''.

Consiste en introducir no organismo, por un tubo nasogástrico que o paciente leva posto 24 horas ao día, unha solución de aminoácidos, vitaminas e minerais ''moi parecida á que se fornece nos hospitais a quen non pode comer''. O tratamento custa 1.500 dólares.

Doutra banda, o francés Pierre Dukan copa os ránkings de vendas cos seus libros. Asegura coñecer a cuadratura do círculo: como adelgazar comendo moito. No fondo só hai unha dieta hiperproteica e desequilibrada, cualificada pola Asociación Española de Dietistas como ''ineficaz e fraudulenta''.

FÓRA CARBOHIDRATOS

O método Dukan apenas deixa oco para pan, pasta, arroz, patacas e resto de carbohidratos. Di que ''só as proteínas son indispensables'', contradicindo a comunidade médica. Carne, peixe e ovos en abundancia son os alicerces desta dieta extremista, que aconsella moitas proteínas e suprimir aceites, azucres e carbohidratos.

Malia a rápida perda de peso, os inconvenientes superan as vantaxes: pérdese graxa, pero tamén moita masa muscular; ten efecto rebote; pérdese moita auga e sométese a fígado e riles a un traballo esgotador de eliminación de residuos; o fígado producirá máis corpos cetónicos, que a partir de certos niveis son tóxicos; estrinximento por falta de fibra, vitaminas e minerais; fatiga e cambras por falta de azucres; é caro; e produce mal alento.

Comentarios