Unha persoa resultou ferida leve nunha colisión que tivo lugar na estrada LU-861 ao seu paso por Santaballa, Vilalba. O suceso ocorreu minutos despois das 12.30 horas, cando unha camioneta que se incorporaba á estrada dende unha pista chocaba contra o turismo.
A persoa ferida, un dos ocupantes da camioneta, foi trasladada ao hospital Virxe dos Ollos Grandes e ao lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal sanitario.