O chantadés Antonio Costa busca a plenitude na súa nova obra 'La casa que se tragó el otoño'

Antonio Costa. ARCHIVO
photo_camera Antonio Costa. ARCHIVO

O escritor chantadés Antonio Costa Gómez acaba de publicar unha novela sobre a busca da plenitude, La casa que se tragó el otoño (Europa Ediciones). O colaborador de El Progreso conta nesta ficción a historia dun escritor español e unha fotógrafa colombiana que viven un mes nun apartamento de Bos Aires. Persiguen a literatura nas rúas da capital arxentina, pero tamén en Valparaíso ou Montevideo. Camiñan tras as pegadas de Ernesto Sábato. O autor porteño aparece a través dunha carta que manda ao protagonista. Ambos intercambian correspondencia durante un tempo.

A continuación, buscan as sinais de A comedia de Dante nun edificio da avenida de Mayo. O título fala dunha casa que a parella descobre en Tigre, unha Venecia silvestre situada no delta do Paraná brasileño. A vivenda está afogada pola vexetación de outono.

Esa persecución da esencia da vida leva a ambos os dous ata a Patagonia, onde buscan a soidade da fin do mundo.

Comentarios