Centro Histórico de Viveiro sortea miles de euros en premios este Nadal

s negocios abrirán os domingos 22 e 29 de decembro, e o domingo 5 de Xaneiro

Clientes que asistieron al último sorteo en la Praza Maior de Viveiro. J. Mª ALVEZ (AEP)
photo_camera Clientes que asistiron a un dos sorteos da Praza Maior de Viveiro, o pasado ano. J. Mª ALVEZ (AEP)

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCH) continua nestes días cunha morea de actividades e sorteos con miles de premios.

Para facilitar as compras no comercio local e que os clientes non teñan necesidade de desprazarse, os negocios abrirán os domingos 22 e 29 de decembro, e o domingo 5 de xaneiro. 

Dende o día 20 ata o 24, instálase na Praza Maior a Casita de Papá Noel en colaboración có Concello de Viveiro, onde dende as 17:30 ata as 20:30 da tarde os nenos poderán desfrutar de Papá Noel, sacarse fotos con el e levar un montón de caramelos. Un clásico no Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión.

O dia 20 de decembro a casita de Papá Noel converterase na casita solidaria, onde a Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro en nome de tódolos seus negocios asociados, fará entrega a Cáritas e Dignidad Viveiro de carros de alimentos para as familias máis desfavorecidas.

O luns 23 de Decembro farase o Nadal na Rúa da man do Coro Tempus Fugit que encherá de música as rúas do Centro Histórico. Ó estilo do que se fai en moitos lugares europeos, nos que viven as panxoliñas en plena rúa, a agrupación percorrerá os lugares máis emblemáticos da cidade para ofrecer o seu repertorio de Nadal . Será a partir das 18:30 horas. Os enclaves para as actuacións irán dende a Avenida de Cervantes, á Praza da Fontenova, rúa Pastor Díaz e zoa da Praza de Lugo. Cada unha durará uns 20 minutos e está previsto que rematen sobre as 20:00 horas. Este ano, ó igual que o anterior, as actuacións serán moi participativas precisando da interacción do público. 

E a partires do mércores 26, o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos pregunta xa, o reparto das papeletas para o sorteo de 3 soldos de 1.200 euros. Cas compras realizadas nos comercios asociados entregaranse as papeletas para entrar no sorteo de tres soldos de 1.200 euros cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100 euros ó mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2020 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e as papeletas iranse entregando ata ese mesmo día. Este sorteo vai xa pola oitava edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal. 

Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca. 

Comentarios