Centos de persoas reclaman en Galicia máis compromiso na loita contra a violencia machista 

Denuncian o recorte "brutal" en 180 millóns de euros da partida destinada ao pacto de estado contra a violencia

Concentración feminista celebrada en Pontevedra. ANDREA COLLAZO
photo_camera Concentración feminista celebrada en Pontevedra. ANDREA COLLAZO

Centos de persoas participaron na tarde deste mércores en varias cidades de Galicia en manifestacións convocadas polo feminismo unitario para esixir unha maior dotación orzamentaria para loitar contra a violencia de xénero. 

A mobilización foi convocada en distintas cidades de España e tamén en 13 localidades galegas, entre elas Vigo, onde participaron unhas 300 persoas. Alí portaron carteis nos que se puido ler "Compromiso = Orzamento" e "Mulleres armadas contra a súa manada". 

En declaracións a Europa Press, as portavoces Puri Bernardez e Mercerdes Milar indicaron que con esta manifestación búscase denunciar "o recorte brutal" en 180 millóns de euros da partida destinada ao pacto de estado contra a violencia. "Xa 200 millóns eran escasos, co recorte queda en papel mollado", criticaron. 

Así, lamentaron que se dificulta o asesoramento e a asistencia das mulleres, e que se redunda na súa victimización e culpabilización, así como no mantemento do sistema patriarcal que as relega "ao medo e a un papel secundario". "Sobran razóns para a protesta", selaron. 
 

Comentarios