¿Qué cenarán hoy los políticos lucenses?

A la mayoría les dan la cena hecha y otros —como Maite Ferreiro, Luís Villares o Elena Candia— cocinan para los demás. Los políticos cumplen hoy con la familia y algunos saborearán productos caseros como el dulce de la hermana cocinera de Rubén Arroxo; el cabrito, de Elena Candia, o los patés, el pollo o las cañas, de Maite Ferreiro
Los políticos lucenses cenarán esta Nochebuena en familia.EP
photo_camera Lara Méndez.

LOS POLÍTICOS lucenses también vuelven a casa por Navidad. Con delantal o sin él, estos nueve políticos contestaron a una pequeña encuesta sobre su cena de Nochebuena y su particular contribución doméstica.

Las preguntas fueron: 1) ¿Qué cenará esta noche?; 2) ¿quién cocinará?; 3) ¿con quién compartirá mesa?, y 4) ¿dónde organizarán la cena? Y así respondieron.


LARA MÉNDEZ Alcaldesa

"A cociñeira será miña sogra, aínda que todos colaboramos"

1.-"O menú será a base de produtos galegos e inclúe entrantes variados, de primeiro, e peixe e carne a continuación para atender aos gustos dos comensais".

2.-"A cociñeira será miña sogra, aínda que todos colaboramos na elaboración do menú".

3.-"Cearemos, nesta ocasión, coa miña familia política".

4.-"Na casa da miña sogra".


JOSÉ TOMÉ Presidente de la Diputación

"A cea farana miña muller e axudaranlle as dúas noras que teño"

1.-"De primeiro, haberá marisco, e de segundo, unha carne asada. De sobremesa, haberá turrón e doces de Nadal".

2.-"A cea farana miña muller e as dúas noras que teño".

3.-"Cearemos todos xuntos: miña muller, eu, miña nai, meus fillos e tamén meus netos xunto con outros familiares".

4.-"Xuntarémonos en Monforte, na casa dun familiar".


JOSÉ MANUEL BALSEIRO Delegado territorial da Xunta

"Haberá coliflor e peixe ao forno, uns pratos moi tradicionais nestas datas"

1.-"Haberá coliflor e peixe ao forno, que son uns pratos moi tradicionais nestas datas. De sobremesa, teremos turróns, mazapáns e os doces típicos do Nadal".

2.-"Decidimos encargar a cea a un restaurante para poder gozar todos máis e traballar menos".

3.-"Cearei coa miña familia".

4.-"Xuntarémonos na miña casa, en San Cibrao".


MAITE FERREIRO Vicepresidenta de la Diputación

"Patés da miña cuñada, sopa de peixe e polo caseiro con castañas"

1.-"Haberá entrantes variados entre os que destacarán os patés que fai unha cuñada. Despois, poñerei sopa de peixe, de primeiro, e polo caseiro con castañas, de segundo. Beberemos viño tinto mencía e branco do que colleita Xurxo Álvarez, excompañeiro meu no Sindicato Labrego Galego. Teremos varios doces de sobremesa entre os que destacarán as cañas que fai Mari Carmen, de Vilacote, outra cuñada miña".

2.-"Cociñarei eu, coa axuda puntual dalgunhas cuñadas miñas".

3.-"Xuntarémonos toda a familia. Somos sete irmáns e virán coas súas parellas e fillos... Estaremos unhas trinta persoas na cea de Noiteboa deste ano".

4.-"Cearemos todos xuntos na miña casa familiar, que está na parroquia de Tórdea, no concello de Castroverde".


LUÍS VILLARES Diputado autonómico de En Marea

"A sopa de marisco faraa miña nai e o polo campeiro fareino eu"

1.-"Sopa de marisco e tamén teremos polo campeiro".

2.-"A sopa faraa miña nai; e o polo, eu".

3.-"Reunireime coa miña nai e tamén cos meus irmáns. Xabi está en Edimburgo emigrado, é un exiliado económico".

4.-"Cearemos en Baralla, na casa da miña irmá, que estará alí co seu home e os sobriños, que son os meus afillados. Como somos todos moi festeiros e tocamos algún instrumento, cantaremos aos reis na casa e sairemos pola vila tamén a cantalos".


RUBÉN ARROXO Teniente de alcalde

"Unha das miñas irmás é cociñeira e sempre fai un doce espectacular"

1.-"O menú sempre é delicioso pero tamén todos os anos hai unha sorpresa. Non sei cal será este ano".

2.-"Unha das miñas irmás é cociñeira e sempre nos sorprende con algún doce que é espectacular".

3.-"Estarán todos os meus irmáns -que son tres- e tamén miña nai e meu pai e parte do resto da miña familia paterna. Coincidirei alí con algúns dos meus curmáns tamén. Xuntarémonos moitos".

4.-"Estaremos en San Vicente de Pías, na casa dos meus tíos. Cada ano, facemos a cea de Noiteboa nunha casa diferente".


ELENA CANDIA Diputada provincial del PP

"Cociña miña nai pero eu colaboro facendo os lagostinos á grella"

1.-"Non faltará bacallau, cabrito da casa, lagostinos á grella e tamén sobremesa".

2.-"Quen cociña é sempre miña nai, pero eu colaboro e axúdolle facendo os lagostinos".

3.-"Xuntareime con meus pais, meu irmán, miña cuñada e miña sobriña. Este ano tamén virá a celebralo unha curmá miña que está vivindo en Barcelona".

4.-"Na casa que teñen os meus pais en Mondoñedo".


RAMÓN ARROXO Concejal del PP

"Sempre hai algo de marisco, capón de Vilalba e cordeiro"

1.-"Sempre hai algo de marisco, capón e cordeiro".

2.-"A encargada da cociña será, neste caso, miña cuñada".

3.-"Estarei co meu fillo e o resto da familia. Xuntarémonos vinte persoas en total".

4.-"En Vilalba, cearemos na casa da miña cuñada".


OLGA LOUZAO Concejala de Ciudadanos

"O menú creo que vai ser marisco e cabrito asado con viño da Ribeira Sacra"

1.-"O menú creo que vai ser algo de marisco e cabrito asado. Viño da Ribeira Sacra e doces navideños de sobremesa".

2.-"Esta vez, cociña miña sogra, pero contará coa axuda de tres pinches especiais: o meu neno, o meu home e eu".

3.-"Xuntareime coa miña familia política".

4.-"Na casa da miña sogra".

Comentarios