Opinión

Celebrar para mellorar

CELEBRACIÓN, si, porque a Constitución permitiu a convivencia pacífica durante corenta anos logo doutros tantos de ditadura, pero non é un dogma inamovible que ha permanecer eternamente. Como se dixo non hai moito na presentación do libro no que participan un cento de xornalistas que viviron a Transición, o texto cáese a cachos, e como non se zurza acabará retallando e inservible. No proceso mitificado do cambio de réxime posiblemente non se podería ter feito algo moi distinto para evitar a violencia e un novo enfrontamento entre as dúas Españas, porque a sociedade aínda supuraba franquismo. Pero co tempo xurdiron eivas, algunhas que quedaron daquela e outras novas. E iso é preciso afrontalo, aínda que polo visto logo das eleccións andaluzas hai millóns de persoas (por extensión ao resto de España dos 400.000 votos de Vox) que defenden a involución en vez de avanzar nas liberdades. O lóxico é ir cara adiante e non recuar.

Comentarios