As dez propostas

Castronomía de Outono, tres días para saborear os produtos de Castro

Dez locais elaboran propostas gastronómicas, que servirán ata o domingo, con carnes, mexillóns ou queixos das empresas da zona
Hostaleiros de Castro
photo_camera Hostaleiros de Castro

Baixo o suxestivo nome de Castronomía de Outono, dez establecementos de hostalaría de Castro de Ribeiras de Lea presumen dende hoxe ata o domingo da calidade dos produtos das empresas da zona, coma son os lácteos de Quescrem (Innolact) e Leitigal,os mexillóns de Mar de Lorbé (Vitalmar), ou as carnes de Frilea e do Grupo Sada.

"Cociñamos con tenreira, porco ou polo, tres locais fan cada carne, con mexillóns e queixo, metres que a pastelería Améndoa se encarga do postre", precisan dende a organización, a cargo dos establecementos Cóndor, Chus e Paco, que tamén promoverán en abril unha nova edición do concurso de tapas.

Ademais dos organizadores, os outros sete locais que participan son Carballeira, Suso, Río Lea, Sagitario, Folgar, Puente e Améndoa. As súas respectivas propostas poderanse degustar hoxe e mañá á noite, de 20.00 e 0.00 horas, e tamén o domingo 5 a mediodía, de 12.00 a 15.00.

Aqueles clientes que proben oito da dez tapas ofertadas poderán entrar nun sorteo de diversos agasallos, froito da colaboración de preto dunha vintena de negocios da volta.

Comentarios