Castro réndese aos Cantos de Taberna

A asociación cultural Gaia organizou o primeiro evento destas características na localidade, coa participación de cinco agrupacións e 14 bares
Participantes nos Cantos de Taberna en Castro
photo_camera Participantes nos Cantos de Taberna en Castro

A primeira edición dos Cantos de Taberna de Castro de Ribeiras de Lea fai pensar que a iniciativa terá continuidade, dado o éxito desta primeira convocatoria promovida pola asociación cultural Gaia, á que se sumaron 14 establecementos de hostelería da localidade e cinco agrupacións musicais.

Xaora, Folieiros da Coruña, Foliada de Bosende, Amigos do Caldeiro e Gaia Pandereteiros foron os encargados o pasado sábado de facer "festiña" durante varias horas entre a pastelería Améndoa; a pizzería Areas; os bares O Carballal, Mariva, Paco, Valiño e Chus; os restaurantes Cóndor, Río Lea e Suso; a brasería Carballeira; e os pubs Folgar, Tiluy e Sagitario.

O animado encontro rematou no local da biblioteca de Castro, onde os máis de 50 músicos participanes compartiron uns pinchos de celebración e despedida de festa.

Comentarios