Imprimir

Carmen Varela Longarela 

R.L. | 12 de mayo de 2020

Flores en un cementerio.PIXABAY

Fúcheste, emprendiches unha longa viaxe para reunirte con papá, esa viaxe da que falabas moitas veces con tanto sentido do humor.

Fúcheste, e en Montirón os aplausos trocaron en silencio; e despois do silencio volveron os aplausos, aplausos dos teus veciños para ti mamá, para ti e para todo o persoal sanitario que con tanto cariño te coidou cando o precisache.

Coa túa forma de ser soubeches gañarte o cariño dos que te coñecían, e aínda que a maior parte da túa vida transcorreu en Ombreiro, sempre dicías que en Montirón tiñas a túa casa e sentías aos veciños de Montirón como os teus veciños.

Esta emotiva homenaxe dos veciños e veciñas de Montirón levarémola sempre no noso corazón, e 1.000 anos non serán suficientes para agradecer tanto cariño recibido.

O noso agradecemento tamén a todas as persoas que nos fixeron chegar o seu apoio e agarimo nestes difíciles momentos.

Mamá Carmen, ti sempre dicías "eu xa non vou morrer", e non morrerás porque sempre vivirás no noso recordo e no noso corazón.

Querémoste, querémosvos. Os teus fillos, xenros, nora e netos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/carmen-varela-longarela/202005121504161438127.html


© 2021 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)