Carmen Barreiro Díaz: ''De niña me escapaba para el telar y ya intentaba hacer cosas y experimentar por mi cuenta''

Carmen Barreiro, a carón do tear. Foto: TOÑO PARGA
photo_camera Carmen Barreiro, a carón do tear. Foto: TOÑO PARGA

Na comarca de Quiroga quedan media ducia de tecedeiras. A maioría pasan dos 80 anos, pero Carmen Barreiro é algo máis nova. Co reto de que non se perda a sabiduría que garda, exerce de mestra nun curso do museo quirogués para que outras veciñas da comarca aprendan a manexar o tear.

carmen barreiro Díaz comezou a tecer de nena, cando na parroquia de Visuña do Courel había unha ducia de teares. Agora, con 68 anos, é unha das últimas mulleres da zona que manexa os teares tradicionais e, por iso, desde o museo etnográfico de Quiroga, onde hai varios teares rehabilitados, lle encargaron que dea un curso para amosar o manexo destas máquinas.

Cando comezou a tecer?

Na miña casa de Visuña había tear e de nena aprendín da miña avoa paterna. Cando fun máis maior había unha veciña que facía colchas e pezas máis grandes coa súa irmá e tamén aprendín delas. Con vinte anos xa facía unha tecedeira completa, é dicir, xa sacaba a maioría das pezas que se poden facer no tear.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios