Blog | A Nación Portátil

A capa volátil de Leopoldo Panero

Leopoldo Panero soñábase cabalgando un cabalo branco cunha capa como San Martiño de Tours, pero morreu pobremente hai catro anos nun deses hospitais que coidan a mente. O poeta tivo unha morte primitiva por fugaz. Uns curmáns da nai acudiron a xuízo para herdalo tras certificar unhas últimas vontades silenciosas e ausentes. Reclamaron a súa capa invisible nun xuzgado. A capa de Panero non é estensible como era a de Martiño de Tours. O santo cabalgaba nun día de ventada e neve cando atopou un pobre desvestido. Quitou a espada e baixou a súa capa á súa altura para repartila con el. Tras abrigalo seguiu o seu camiño pola Via Láctea. O home quedou pampo mirando como se perdía Martiño entre o frío branco. Preguntouse por que non compartía o cabalo. Leopoldo Panero botou décadas nun psiquiátrico tratando de facerse inmanente como poeta e supervivinte como cidadán. Os familiares gañaron o xuizo. Falta por saber se coñecen a miseria en dereitos de autor que cobrarán ou se pretenden curar hospitalariamente os poemarios que deixa o escritor.

Comentarios