O cantante Micah P. Hinson actuará esta semana en Vigo e A Coruña

Estará acompañado polo galego Santi Araújo

Micah P. Hinson. SON ESTRELLA GALICIA
photo_camera Micah P. Hinson. SON ESTRELLA GALICIA

O músico Micah P. Hinson ofrecerá esta semana en Vigo e A Coruña senllos concertos dentro do ciclo SON Estrella Galicia. As cancións do seu último álbum, When I Shoot At You With Arrows, I Will Shoot To Destroy You, soarán o próximo 31 de xaneiro na cidade olívica e o 2 de febreiro na Coruña. 

O cantante e guitarrista estará acompañado en ambas as datas, que celebran o décimo aniversario de SON Estrella Galicia, polo galego Santi Araújo. 

Comentarios