Cancelado o concerto de Paloma Suanzes na Casa-Museo Manuel María

A organización dará a coñecer nas vindeiras semanas unha nova data para o espectáculo da lucense

Paloma Suanzes
photo_camera Paloma Suanzes. AEP

A cantautora Paloma Suanzes suspendeu o concerto que ía celebrar este sábado na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, por motivos de Saúde.

Segundo informou a organización, nas vindeiras semanas farase pública unha nova data para a presentación do último espectáculo da lucense, Verbas de auga. 
 

Comentarios