Campos declarará nun caso por unha acción de saneamento na Pontenova

O presidente da Deputación recoñece a investigación e sinala que a denuncia ven dun irmán dun membro do partido de Manuel Martínez

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, confirmou que está a ser investigado, polo xulgado de primeira instancia e instrución número dous de Mondoñedo, por un posible delito de prevaricación urbanística e que foi citado xunto co secretario do concello da Pontenova, municipio do que é rexedor.

A pesar diso, e de aclarar que non se trata de "unha imputación", senón dunha investigación por "un tema de saneamento", Campos engadiu que o denunciante, "un tal Eloy Castro", é un familiar dun membro que forma parte da candidatura de Galicia Sempre (en concreto "irmán" de Enrique Castro). Esta formación é a marca política do deputado non adscrito e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez e a persona que desvelou a súa condición de investigado.

"Blanco e en botella", ironizou, ademais de criticar que Martínez se converteu nun político "que está para difamar, a embarrar, como fixo durante este catro anos". 

O rexedor da Pontenova mostrouse convencido de que esta investigación é simplemente "para pechar o caso" e asegurou que no Concello respectáronse os informes técnicos "dos funcionarios". "Nese sentido estou moi tranquilo, porque imos apoiados polos servizos técnicos do meu concello", concluía o tamén alcalde da Pontenova.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos, expresou a súa "total confianza", en Darío Campos, a quen trasladou o seu "respaldo absoluto" e cargou contra Martínez. 
"Esta é a máxima expresión do que é Martínez, un enlodador, un 'merdallán', un asqueroso da política, absolutamente nada máis. Quen fai a denuncia, o irmán do seu candidato en Meira e quen o anuncia aos medios é Manolo Martínez e leste é o proxecto que ten para a provincia de Lugo; criticar, calumniar, ensuciar, e non apoiar ningunha iniciativa que beneficie aos veciños", dixo.

Comentarios