Cambiar ou afundirse

(*)

QUEN TIVO a ocorrencia de bautizar como Púnica a macrooperación na que están implicadas medio cento de persoas debe de ser un infiltrado de Podemos, porque ademais do nome científico do granado pode exemplificarse a loita dunha formación emerxente contra outra dominante co símil das guerras que entre os séculos III e II antes de Cristo emprendeu Roma, daquela limitada na península Itálica, para acabar co poder cartaxinés no Mediterráneo.

Porque esta investigación na que caeron alcaldes dos dous partidos que dominan o panorama político desde a Transición é a mellor campaña que se lle pode facer a quen ameaza con rachar un sistema que a corrupción abanea. Esta nova non é unha operación máis, porque chega nun momento no que case todo está en entredito, por moito que os maioritarios se aferren á teoría deque non se pode xeralizar. Ou se cambia ou isto se afunde.

(*) Se mantiene el idioma original del artículo.


Comentarios