As cabazas descomunais de Toñito de Rosende

Este veciño de Baamonde cultiva no seu horto dous pés con froitos xigantes, cos que a bo seguro que os seus porcos se darán un festín
Cabazas en Baamonde. EP
photo_camera Cabazas en Baamonde. EP

"Xa as botei máis anos, pero coma este ano non saíron nunca", asegura Toñito de Rosende, un veciño de Baamonde que viu como as cabazas do horto que ten pegado á casa non deixaban de medrar. 

"Sempre foron grandes, pero coma este ano, nunca", insiste, ao tempo que precisa que as bota, igual cás doutra finca próxima, "que son moito máis pequenas", para darllas de comer aos porcos.

Non as pesou, pero ten claro que algunha mesmo debe superar os 80 quilos, porque ata lle resulta difícil movelas.

Cabazas de Toñito de Rosende. EP

Comentarios