Caballero, convencido de que nas autonómicas o PSdeG vai "xubilar a Feijóo"

O líder dos socialistas galegos cree que o PP "perderá dous deputados por provincia"
Gonzalo Caballero. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. VICTORIA RODRÍGUEZ

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia (PSdeG) e candidato á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, está convencido de que nestas eleccións autonómicas o seu partido vai "xubilar a Feijóo politicamente". 

Neste sentido, Caballero prognosticou este domingo nunha entrevista na Cadena Ser, recollida por Europa Press, que de media o Partido Popular de Galicia "perderá dous deputados por provincia" sen importar cando convoque as eleccións "porque as vai a perder". 

Ademais, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "buscar á desesperada un puñado de votos que non lle van a chegar" con viaxes a Latino América como o que emprendeu o dirixente galego a Uruguai esta fin de semana. 

Asegura que o Feijóo destes momentos é "un dirixente desnortado, agraviado, ferido electoralmente" que non ten "altura institucional para un novo tempo político" e o que lle pide é "respecto institucional" ao Goberno central como presidente da Xunta, aínda que só "actúe como presidente do PPdeG", censurou.

O "DISCURSO" DE 'ESPAÑA RÓUBANOS'. Na mesma liña, xustificou estas acusacións exemplificándoo co "discurso falaz" de España róubanos que, ao seu xuízo, difunde o titular do Goberno galego coa reclamación dos 200 millóns de euros correspondentes aos pagos do Ive. 

"Todos sabemos quen é Feijóo e que fixo ao longo da súa vida política. Acode á vía xudicial porque xa non atopa maneira de dar respostas" aos problemas dos galegos, pero "sabe que Montoro creou este problema co Ive en 2017". 

Respecto da transferencia destes millóns, Caballero explicou que "é unha materia pendente" do Goberno de Pedro Sánchez que será resolta "pola vía orzamentaria ou pola vía do financiamento autonómico" cunha "negociación multilateral de todas as comunidades". Así, espera que Executivo central atope unha "resposta satisfactoria para outorgar ás autonomías" estes fondos.

O CHALECO ANTIBALAS. Sobre o panorama que se presenta de aquí ás eleccións autonómicas, o secretario xeral do PSdeG sostén que están "preparados" e que especialmente el ten "posto o chaleco antibalas" para afrontar "a tensión e a estratexia de confrontación" que está a levar e manterá o Goberno da Xunta contra Pedro Sánchez e o PSdeG. 

Desde a súa perspectiva, haberá "cambio político" porque o PPdeG "non ten opcións a gobernar o país" e o PSOE "estará enfronte de Feijóo" e "defenderá á cidadanía". "Os galegos dixeron que querían que o Partido Socialista fose o que gobernase en España", afirma Caballero, á vez que lembrou os resultados electorais do ano 2019 e a "nova maioría social" en España e Galicia.

ATRASO DO AVE. Sobre outras acusacións dos populares acerca do atraso da chegada do Ave a Galicia, o líder socialista galego precisou a relación entre a demora e "a paralización das obras durante tres anos nos que gobernaban Rajoy e Ana Pastor". 

"O Goberno socialista está a finalizar as obras con todos os mecanismos de seguridade" e se este atraso se debese a "unha decisión política", entón sería responsabilidade do Executivo de Pedro Sánchez, pero "o Goberno está a pór os fondos e traballando con toda a celeridade" e, neste sentido, Caballero espera que os galegos "estean convencidos de que o Ave está en curso". 

Comentarios