Unha moza lucense busca á súa cadela, desaparecida dende o 5 de xaneiro na zona de Eixibrón. A mascota, que responde ao nome de Antonella, é unha husky de 3 anos e ollos azuis que portaba un colar rosa. Ademais, está esterilizada e posúe chip identificativo.
No caso de atopala ou tela visto nalgún lugar, pode contactarse coa dona nos teléfonos 616026300 e 639015499. Ofrécese unha recompensa económica.