Burela instala en Eijo Garay un paso de peóns con efecto tridimensional

Labores de instalación do paso de peóns tridimensional. EP
photo_camera Labores de instalación do paso de peóns tridimensional. EP

O Concello de Burela instalou un paso de peóns de efecto tridimensional na rúa Eijo Garay da localidade, enfrente da Praza do Concello. "Trátase dunha proba da empresa que nos está pintando os novos pasos de peóns e que, principalmente, busca disuadir aos vehículos para que diminúan a velocidade nesta rúa que xa ten unha limitación a 30 quilómetros hora", explicou o edil de obras, Ramiro Fernández Rey, que destacou todas as reaccións que está tendo esta novidade entre a veciñanza. "Pintouse hoxe (por onte) e a acolllida está sendo moi positiva, polo que estudaremos a posibilidade de seguir instalandoos noutras zonas da localidade", dixo o edil, aínda que recoñeceu que o custe económico é máis elevado co dos pasos convencionais.

Segundo explicou o concelleiro para lograr este efecto tridemensional instálanse pranchas que se pegan ao asfalto con calor.

BANDEIRA. Ademais o Concello quixo facer un guiño ao colectivo LGTBI e as liñas de parada dalgúns pasos de peóns das rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán e Eijo Garay, que están pintadas coas cores da bandeira arcoíris.

"Pintar a bandeira arcoíris foi unha decisión do rexedor que esperamos levar a cabo tamén noutras zonas da localidade", dixo Fernández Rey, que subliñou que estes novos pasos de peóns son un xeito "de innovar na imaxe que presenta a localidade".

Comentarios